Imprimir ésta páxina
Martes, 29 Abril 2008 00:00

Manuel Miranda Ruiz


(Lugo, 1961)

Artesán ; a súa produción céntrase fundamentalmente na realización de pezas relacionadas co patrimonio cultural galego:  reproducións de cerámica  campaniforme, castrexa e romana así coma reproducións arqueolóxicas en bronce.  Tamén fai maquetas representativas da nosa arquitectura tradicional.

As súas pezas atópanse en diferentes museos de Galiza e nas tendas de artesanía.

Colaborou na creación do Museo etnográfico de A Fonsagrada de cuxa directiva forma parte na actualidade.