Imprimir ésta páxina
Venres, 15 Agosto 2014 04:39

ACTIVIDADES DE SETEMBRO A DECEMBRO 2014

Setembro

 Día 8 de setembro, luns: Proxeccións fotográfica e comentarios sobre a viaxe Outono máxico no río Douro, a cargo de Lois Diéguez, ás 20 h. no salón de actos da Deputación provincial.


Outono máxico no río Douro

 (avance do Programa).

Días: 25, 26, 27 e 28 de setembro de 2014

Puntos a visitar:

Peso de Regua: Porto,Miradoiro san Domingos,  Museo do Douro e do Viño, Paseo pola cidade e visita á quinta do Vallado ( adega). Aqui estará o hotel (hotel  Douro Regua 4*, ou similar). 

Lamego: Visita todo o día pola Rota dos Mosteiros, arredor do Val encantado e o río Varosa, con paisaxes de grandes extensións de viñedos e bosques de castaños. Paradas en Lamego (Catedral, Museo e Claustro, Santuario dos Remedios, Capela visigótica de San Perdro de Balsamao, do s. VII), Armamar (Igrexa románica e fervenza de Termilobos), Salzedas (Barrio da xudería e Mosteiro Cistercese de Santa María, coa igrexa parroquial e claustro), Ucanha (Ponte fortificada, igrexa matriz, s. XVII, casa natal de Leite de Vasconcelos), San Xoán de Tarouca, coa igrexa ateigada de retablos, pinturas e o gran sepulcro do conde de Barcelos, ponte romana sobre o río Varosa), Tarouca (Igrexa de san Pedro, Pelourinho, Ponte románica do río Varosela, outeiros de Santa Helena ou Alcácima con vistas á capital do concello e ao Val encantado do río Varosa).

 Cruceiro polo río Douro: Mañá: Dalvares (Museo do vinho espumante, na Casa do Paço; Cavas de Murganheira, maior centro produtor do espumante.

Tarde: Cruceiro polo río Douro, desde Peso de Regua a Pinhao (ou máis cerca), con regreso en tren. Fantásticas perspectivas dos viñedos e adegas do Douro desde o medio do río.

Mirador de San Leonardo de Galafura: panorámica única con actividade sorpresa. É o Miradoiro máis fantástico que se pode imaxinar.

Anotacións para esta viaxe: até o 3 de setembro chamando ao tfne.: 676 800 227 (Lois).

Prezo: arredor dos 300 ou 350 euros con todo incluído menos as ceas.

Este Programa inicial será definido por completo nos próximos días.

Para realizar esta viaxe o número de viaxeiros e viaxeiras terá que andar entre 20 e 35. No caso de exceder o número serán seleccionados cos criterios de ser asociados-as e por orde de apuntamento.

 

Outubro

Día 13, 14 ou 15: conferencia da profesora Mª Isabel Fernández García sobre Científicas e científicos galegos do s. XVIII. Indicarase o lugar de celebración.

Entre 19 e 20 h. e no mesmo lugar anotacións para a viaxe do día 25.

Día 25, sábado: viaxe aos museos científicos da Coruña, con visita ao castro de Elviña (?).

 

Novembro

Día 4, 5 ou 6: conferencia sobre Músic@s galeg@s do s. XVIII, dando fin ao ciclo anual dedicado ao século XVIII galego.

Día 21, sábado: viaxe relacionado coa música do XVIII.


Decembro

Día 13, sábado: a nosa festa anual: Contos e música arredor da lareira

Día 15, luns: asemblea anual de LugoPatrimonio

 

Lugo, 12 de agosto do 2014

A Xunta Directiva.