Imprimir ésta páxina
Sábado, 18 Febreiro 2012 22:04

LugoPatrimonio apoia a recuperación do teatro romano de Guadix (Granada)

LugoPatrimonio apoia á Asociación para la conservación del patrimonio de Guadix (Granada) no documento que van entregar ao concello de Guadix solicitando a escavación, restauración e posta en valor do teatro romano.

O teatro romano de Guadix apareceu, de forma fortuíta, no proceso de construción dun aparcadoiro subterráneo en abril de 2008.  A través dunhas catas, púidose escavar unha mínima parte, quedando todo paralizado até a data de hoxe. O pouco visible está ao aire libre e sufriu unha gran deterioración, polas inclemencias meteorolóxicas, estancamento de auga, vexetación, etc..