Imprimir ésta páxina
Xoves, 22 Decembro 2011 08:47

Reunión institucional para salvar a igrexa vella de Vilasouto

Despois da chamada de LugoPatrimonio a institucións e veciños, na data de hoxe reuníronse representantes de LugoPatrimonio (Lois Diéguez e Adolfo de Abel), concello do Incio (Laura Celeiro García, alcaldesa), Asociacións veciñais de Vilasouto (Xosé Antonio Vilar Fernández e María Luisa Juiz Gómez ), Bispado de Lugo (César Carnero), Xunta de Galicia (Arquitecto: Pastor Ferreiros Carreira), Deputación Provincial (Delegado Cultura: Mario Outeiro Iglesias), acordando os puntos seguintes:

1º.- Redactar un Proxecto para estudo e arranxo da porta principal e da cuberta e lousado da Igrexa vella de Vilasouto, por parte do Bispado con colaboración de técnicos da Xunta de Galicia.

2º.- Estudo por parte do Concello do Incio dun Proxecto para usos da Igrexa e relación cultural e turística coa contorna máis próxima e os seus monumentos, e en relación tamén con posíbeis itinerarios monumentais e paisaxísticos.

3º- Facer seguimento destes acordos nunha próxima xunta no mes de febreiro.

Lugo, a 20 de decembro do 2011

Coordinación

LugoPatrimonio

 

Igrexa de san Mamede de Vilasouto
Igrexa de san Mamede de Vilasouto
Igrexa de san Mamede de Vilasouto
Igrexa de san Mamede de Vilasouto
Igrexa de san Mamede de Vilasouto
Igrexa de san Mamede de Vilasouto