Imprimir ésta páxina
Martes, 18 Outubro 2011 08:53

MONUMENTO A ROSALIA NO PARQUE DE LUGO. ROLDA DE PRENSA

O pasado día 14 tivo lugar na Galería Sargadelos de Lugo unha rolda de prensa convocada polas asociacións lucenses Clube Cultural Valle-Inclán; Ágora Lugo; Achádego Teatro; María Castaña e LugoPatrimonio, para informar sobre a solicitude presentada no Concello por estas asociacións para que, coincidindo coas obras de rehabilitación do parque dedicado a Rosalía de Castro, se levante un grande monumento de homenaxe e honra á poeta galega, vinculada á cidade con seu marido Manuel Murguía ao editor Manuel Soto Freire.

Os representantes das citadas asociación trasladáronse despois ao Concello para facer entrega do escrito aos grupos políticos solicitando o seu apoio.