Imprimir ésta páxina
Xoves, 24 Marzo 2011 08:27

4 de abril: Presentación do libro de F. Rodríguez, "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria".

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

O profesor Francisco Rodríguez dá un novo paso na súa profunda investigación sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, con este libro, "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria", que se presentará o día 4 de abril, no salón de actos do Vicerrectorado de Lugo (fronte á fachada da catedral), baixo o seguinte programa:

· 18,30 h.: paseo con Francisco Rodríguez e Adolfo de Abel por lugares da cidade de Lugo relacionados coa obra e época de Rosalía de Castro (casa da rúa San Pedro onde estivo a imprenta de Soto Freire; Seminario e Parque Rosalía de Castro). Saída da casa do concello.

· 20 h.: Presentación do libro a cargo da profesora Mª Pilar García Negro e o propio autor. Despois das exposicións inicias proxectarase o dvd, "Rosalía de Castro e Compostela", unha visión do profesor Francisco Rodríguez sobre unha descoñecida Compostela rosaliana.