Imprimir ésta páxina
Mércores, 08 Setembro 2010 07:57

Condoenza pola morte de don Francisco Mayán Fernández

 

A Asociación LugoPatrimonio expresa o seu sentimento polo recente pasamento de don Francisco Mayán Fernández, Cronista Oficial de Mondoñedo, que desde moi novo dedicou o seu saber á investigación da historia da súa vida natal Cee e a da cidade na que viviu e desenvolveu o seu labor docente.

A súa dilatada vida foi un exemplo para todos os que defendemos, divulgamos e traballamos pola conservación do noso patrimonio histórico e cultural. A súa desaparición supón unha perda para a cultura do país pola importancia que ten o labor dos cronistas locais que cos seus traballos contribúen ao coñecemento da nosa  historia común.