Imprimir ésta páxina
Domingo, 12 Outubro 2008 23:00

Itinerario da viaxe a O Ribeiro de Avia que guiará Felipe-Senén López o 18-10-08


O RIBEIRO DE AVIA  

* Parada no Carballiño:Visita á Vercruz, obra de Antonio Palacios e dun pobo de pulpeiras, panadeiras, negociantes, emigrantes...síntese das pedras, do saber dos canteiros e das arquitecturas do país.

* De Lebosende a San Tome de Serantes, de igrexas románicas a carón de penedas xigantes e restos de cultos panteístas

* Pena Corneira, ergueita como a lingua pétrea dun menstruo antediluviano asexando os ribeiros e antergos camiños, inspiradora para Cunqueiro, que pon aquí a oirixe do ritual da queimada.

*Terras de Carballedo de Avía...entre petoutos con formas extranas, covas do pasado, posibles mitreos ou serapeos... e de fuxidos....

*Ribadavia: Capital dos ribeiros, feita por xudeos e cristianos, feirantes e feretristas, do malagrado Rei Garcia, señorío dos Sarmiento, pretendida polo de Soutomaior.Onde aquece beber un viño tinto espeso, sangue da terra outonal, ese que fai o "ollo de perdiz en cunca de louza branca.

San Xes de Francelos

A harmonía das celosías en pedra, xogando con luces e sombras nunha igrexa prerrománica, con gravados á entrada cuxa disposición nos lembra os de Santa Eulalia de Bóveda.

* Beade, coa Encomienda de San Xoán, sabechosos iles, andantes de oriente, ese templo de tódalas luces e tempos que ergue espadaña sobre os viñedos (ainda que o seu é este de entre a vendima e a castañeira). Calvarios, Altares merecedores de tódolos sacrificios de paz, de Misas, en brinde de pan e viño, productos da terra....

* Berán:balneario termal, aldea fidalga, igrexa barroca sobre vellas estructuras do pasado...e tabernas nas que tamén mellora o idioma.

* Leiro: co celebrado campo de Romaría da Santa Cruz, nas ribeiras do Avia, coa ponte da Veiga, lanzal e de bós agoiros para quen a cruza, e a ponte das poldras...leccións dos mellores constructores de camiños en homenaxe ó viño. Puzos do Avía, remuiños de trasnos e nereidas, aquelas esquecidas dos contos das lareiras.

* San Clodio: O Mosteiro Cisterciense e a historia do abade que Pedro Madruga fixo pasear a cabalo dun burro, espido, e cunha ristra de allos ó pescozo....terras de Eladio Rodriguez, de Samuel Eijçan, queridas por Alvaro de las Casas...de músicos e poetas, inspiración permante para o sempieterno señor de Trasalba.