Imprimir ésta páxina
Venres, 18 Xullo 2008 23:00

A asociación AS FACHAS, de Castelo, homenaxea ao profesor D. Xaime Delgado Gómez


O próximo 26 de xullo, Castelo, a parroquia onde naceu o noso admirado D. Xaime Delgado que nos acompañou tantas veces nos nosos itinerarios, faille unha merecida homenaxe. Castelo está representada, desta vez, pola súa Asociación, As Fachas, que tamén gozou sempre da axuda de D. Xaime. A súa biografía é ben ampla e rica, e nela, estas terras montañesas que baña o Miño polos fondais, con Castelo ou Temes sempre destacados, sobrancean a curiosidade científica e detallada do historiador e arqueólogo.

LugoPatrimonio únese a esta homenaxe, que comezará o día sinalado ás 13 h. na igrexa de Castelo e ás 14 h. nunha carpa onde se realizará o xantar. Os que queiran anotarse teñen de prazo até o día 20 deste mes, chamando ao telefone 676 800 227.