Día 21 de xullo, sábado
ás 8 horas
Viaxe ao Pazo-Museo de Castrelos de Vigo e o seu entorno con Felipe Senén.
14 de xullo
Comezamos a visita en Betanzos, unha das sete capitais do Reino de Galicia, na actual Praza da Constitución, dos irmáns García Naveira, ou do Campo, segundo as épocas, porque nela se celebraba a feira, onde está a fonte de Diana do Louvre inauguración data del año 1867. Es una fiel reproducción de la Diana del Louvre feita en ferro colado nos talleres de la fundición de “Ducel e Hijos” de París deseñada polo enxeñeiro Pedro Villar. O quiosco da música así como as varandas e luminarias Art Déco que están no inicio da subida cara a Casa do Concello, na Porta da Vila, deseñadas polo arquitecto Rafael González Villar feitos en ferro entre o ano 1927 e 1928 nas fundicións Wonenburger da Coruña. Nesta subida hai un bo número de casas decimonónicas coas galerías na planta superior, un exemplo de artesanía da madeira que foi posible grazas a producción de vidro plano das fábricas coruñesas.
Despois visitamos o Centro Internacional da Estampa Contemporánea da Fundación CIEC, do artista Jesús Núñez Fernández, establecido no edificio Déco da antiga Banca Núñez tamén do arquitecto González Villar. Despois de ver o exterior do conxunto formado pola Torre Municipal ou do Reloxo, do século XVI, a Casa do Concello, neoclásica de fins do século XVIII e a igrexa de Santiago, paramos diante da portada e fronte do pazo dos Lanzós, coa casa torre inmediata. No interior recibimos as explicacións pertinentes destacando a capela renacentista do arquitecto Juan del Castillo.
Día 14 de xullo, sábado
ás 9 horas
Viaxe polas Mariñas Coruñesas, Pazo de Mariñán, con Felipe Senén.
3 de xullo de 2018
Comezou dicindo que cara ao exterior os pazos identificámolos por unha serie de elementos que forman parte da paisaxe como o ciprés, o pombal, o xardín e o propio edificio co escudo e a capela. Lembrou a súa experiencia na adega da casa grande de Otero Pedrayo en Trasalba, onde convidaba aos visitantes a tomar viño e xamón, hoxe convertida nun auditorio. "As cousas son asegun", segundo dicía don Ramón, hai que relacionalas, e engadía "desconfíe do nivel de vida, pense na cultura".
No noso mundo rural estamos rodeados de obxectos feitos por artesán e artistas, cando se perden os oficios tamén se perde o idioma, e leu un poema de José María Valverde no que ven a dicir que as cousas son a memoria, son lembranzas, e esas cousas estanse a perder. Fixo mención á febre de eliminar os revocos das casas e determinadas árbores típicas que medraban ao seu carón como os loureiros, e con elas pérdese a memoria.
Nos pazos andan os xenios loci, os pantasmas. Mencionou o Pazo de Tor, que deixou María Paz á Deputación de Lugo, como un exemplo para ensinar dun pazo que quedou como cando a propietaria vivía nel, podendo así entrar no espírito das cousas. Sobre as mesas talladas están os tecidos feitos a man de liño e con encaixes, as louzas, pezas da arte namban chinesa dos séculos XVI e XVII, como as arquetas, adquiridos en Portugal a onde chegaban do lugar de orixe, Goa, Brasil, a Porto. A maior parte do mobiliario galego dos pazos foi adquirido en Portugal pero combina a tradición galega con elementos foráneos.
Día 3 de xullo, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Felipe Senén López, museólogo. "Mobiliario nos Pazos Galegos, atinos e destatinos".
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 21 de xullo ao Pazo-Museo de Castrelos de Vigo e o seu entorno con Felipe Senén.
Día 3 de xullo, martes
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 21 de xullo ao Pazo-Museo de Castrelos de Vigo e o seu entorno con Felipe Senén.