AVANCE DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O 2008
Abril
Día 21, luns, 20 h. Deputación provincial
Conferencia de Isidoro Rodríguez (da agrupación María Castaña) sobre Os maios: un rito da primavera.
Día 29, martes, 20 h. Deputación provincial: “A destrución do noso patrimonio”
Proxección de diverso material sobre a destrución dunha parte do castro da Atalaia, con intervención de Manuel Miranda, Lois Diéguez e Adolfo de Abel Vilela
Maio
Día 10,sábado, 11 h.
Saída de diante do Instituto Lucus Augusti en coches particulares para recoller material (fiúncho, xestas, flores...) que servirá para confeccionar os Maios.
Día 11, domingo (en hora que se determinará), cantos e representacións dos Maios polas rúas de Lugo.
(Quen queira participar terá todos os detalles na conferencia do día 21 de abril, e anotarase durante o seu desenvolvemento).
Xuño
1ª parte do CICLO DA AUGA: as augas dos ríos...
Día 4, mércores, 20 h. Deputación provincial. A auga na cultura popular, conferencia con proxeccións do antropólogo Ramón Mariño Ferro.
Día 10, martes, 20 h. Deputaciòn provincial. Conferencia con proxeccións de Xosé Manuel Vázquez, etnógrafo, sobre Patrimonio fluvial: legado e novos usos.
Día 14, sábado, 8,00 h. Saída desde o Instituto Lucus Augusti en Viaxe a Belesar- Lugo (visitas á igrexa de Diomondi, baixada a pé polos Codos de Belesar, visita ao Ecomuseo de Arxeriz, paseos polos Miño, viaxe en catamarán, xantar ao ar libre co que leve cada quen, final do día con visita a unha adega da zona).
Anotacións para a viaxe, en Sargadelos o día 3, de 18 a 20 h. e na Deputación o día 4, entre 19 e 20 h., baixo os criterios de sempre. Prazas limitadas a 55
Xullo
2ª parte do CICLO DA AUGA: as augas dos mares
Día 3, xoves, 20 h. Deputación Provincial. Arte, usos e cultura arredor do mar, conferencia con proxeccións de Francisco L. Rguez Guerreiro, mestre
Día 12, sábado: viaxe a Viveiro con Francisco L. Rodríguez Guerreiro
Saída do Instituto Lucus Augusti ás 8,00 h. A viaxe consistirá nun paseo en barco pola ría, subida ao monte de San Roque, visita á cidade e xantar nos seus arredores. O programa detallarase polo miúdo máis adiante.
Anotacións para a viaxe o día da conferencia, entre 19 e 20 h. na Deputación provincial baixo os criterios habituais.
Agosto
Día 2, sábado. Viaxe a Castelo (Taboada) onde participaremos con outras asociacións para recoller no monte as plantas (agucios) coas que se confeccionan as fachas, co obxectivo de facer unha como LugoPatrimonio. A hora de saída e lugar determinaranse no mes de xullo ou antes.
Día 26, martes. 20 h. Deputación Provincial. Conferencia do investigador en danza e música tradicional Isidoro Rodríguez, que mediante proxeccións fotográficas nos achegará ao tema Baile e danza na Galiza: desde o rito á ruada.
Día 31, domingo. Viaxe á Cervela (O Incio) para ver as danzas tan características que seguen a perdurar desde moi antigo. Pasaremos o día pola zona e por esta parroquia que ofrece vestixios antigos, castros, fontes rituais, igrexa románica, corredoiras e devesas que gardan aínda toda a súa pureza.
Setembro
Día 7, domingo. Viaxe para participar na queima das Fachas en Castelo. Pasaremos o día pola zona para visitar diversos lugares e monumentos de interese, pois a festa comeza a partir da posta do sol.
Outubro
Día 14, martes, 20 h. Deputación provincial. Conferencia de Felipe-Senén López sobre O Ribeiro no outono: paisaxe e cultura.
Día 18, sábado: viaxe ao Ribeiro con Felipe Senén, para ver Ribadavia, San Clodio, Leiro, Serantes e os viñedos en todo o seu esplendor dourado.
Novembro
Día 4, martes, conferencia sobre San Martiño de Mondoñedo: unha relación entre a música e a arquitectura-.
Día 8, sábado: viaxe a San Martiño de Mondoñedo, Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo.
En data sen determinar: asemblea de asociados e asociadas para entrega de carnets e Estatutos, nunha festa na que veremos tamén unha recopilación das viaxes e feitos que temos realizado.
Decembro: Coñecer as nosas cidades
Conferencia sobre Pontevedra: a cidade e o mar.
Viaxe a Pontevedra para ver a cidade e pasear polos seus museos.
Lugo, abril de 2008
A Xunta Directiva