ORLANDO
VIVEIRO VEIGA
Orlando
Viveiro Veiga (Outeiro de Rei, 1957). Fixo traballos de recollida e investigación
sobre o patrimonio e a cultura tradicional. Colaborou no boletín “Terra
Chá”, editado pola asociación cultural “Brigadas en
defensa do patrimonio chairego”, a respecto do latín dos canteiros,
os cacharreiros de Bonxe, os xogos populares e algúns aspectos da cultura
da auga, entre outros. Colaborou tamén coa revista “Ardentía”,
da Federación galega pola cultura marítima fluvial, en relación
con aspectos da nosa cultura e patrimonio.