Esta páxina é provisional, en breve iremos habilitando os distintos apartados

ASOCIACION


A Asociación ten como campos de traballo:

Sección Obras que fan a historia
Trata do recoñecemento aos estudosos e estudosas da nosa historia, contemplando esta no seu sentido máis amplo. Este apartado levará consigo a edición da obra que non teña un carácter estritamente comercial.

Sección Coñecer o Patrimonio
Comprende todo tipo de actos como conferencias, debates, viaxes, etc. que leven a un coñecemento do noso patrimonio material e inmaterial.

Sección Unha chamada a tempo
LugoPatrimonio ofrece asesoramento a toda persoa ou colectivo que necesite aclaracións ou axuda sobre calquera aspecto do noso patrimonio.

 



Obxectivos

Son fins principais da asociación:

a.-Defensa, promoción e uso do idioma galego no camiño da súa normalización, pois representa a maior riqueza patrimonial creada polo pobo galego. A este fin, o idioma galego é a expresión propia e oficial usada en todos os ámbitos da Asociación.
b.- Defensa do Patrimonio material e inmaterial recollido este no seu sentido máis amplo e dentro do territorio da provincia de Lugo.
c.- Promoción e realización de actividades de todo tipo encamiñadas á súa divulgación e xeral coñecemento.
d.- Edición e propagación de traballos que o popularicen.
e.- Cantas outras actividades lícitas que sexan da conveniencia e dos intereses comúns dos asociados e asociadas.

LugoPatrimonio, amais do seu carácter reivindicativo, ten tamén como fins a busca de solucións e proxectos que axuden a resolver o deterioro, esquezo ou silenciamento do noso patrimonio.

Criterios xerais de actuación

Ao ter carácter provincial, LugoPatrimonio realizará actos por toda a provincia en colaboración, sempre, coas entidades locais, de tipo cultural, de defensa do patrimonio ou calquera outro, que estexan interesadas na difusión e conservación do noso patrimonio.

As Viaxes programadas por LugoPatrimonio serán presentadas polos guías que as dirixan nun acto público anterior á propia viaxe, no que se dará a coñecer o itinerario e os puntos e monumentos a visitar.

lugopatrimonio@telefonica.net

O  

lugopatrimonio@telefonica.net | asociarse | inicio