As graves feridas
da Muralla
Nun tempo en que parece que se mide ao milímetro todo aquilo que pode
estragar, mesmo esteticamente, a Muralla, estánselle a espetar, non obstante,
sen escrúpulo algún, coiteladas graves das que poñemos estes exemplos:
- A 5 ou 8 m. do seu adarve construíronse nos últimos meses
novos faios ou pisos baixo cuberta, elevando escandalosamente a pendente
dos lousados. Sirvan como exemplo as dúas fotos seguintes:

1. Fronte á Porta de San Pedro, a uns 8 m.

2. Campo Castelo. A uns 5 m. do adarve
da Muralla.
- Constrúense á beira
da Muralla, alturas que, ademais, agachan por completo unha boa panorámica
da Catedral da que aínda hai uns días gozabamos. É un edificio do Vicerreitorado
para sala de exposicións. Ao lado hai dúas casas que se están esboroando e
que, restauradas, podían facer estas funcións culturais.

3. Isto que será novo edificio ofende a Muralla e tapa a Catedral.
- Nos dous últimos
anos dá a sensación que hai unha carreira para tapar os horizontes libres
da Muralla:

4. Obsérvense os tres edificios do fondo que compiten coas torres da
Catedral

5...ou este edificio que anulou o respiro dos horizontes verdes que se
vían desde a Porta do Hospital.
- Taparase tamén, co novo PXOM, toda esta zona verde
do Carme, a única xa que nos comunica en camiños históricos co río Miño, e
que é un auténtico Parque Arqueolóxico?

Que din o goberno
do Concello, ou a Consellaría de Cultura?
Segue existindo
Icomos?
Lugo, 16 de novembro do 2007
O Presidente
Lois Diéguez