cabanas

INICIO









Asociarse
Descargar
cartón socios

 

 

ODA A OURENSE

Aos pés do monte Alegre nacín en ti,
Ourense, ás dez en punto da catedral,
e había seica un sol de Acuario,
    unha brisiña e ningunha nube.

Miráchesme crecer desde os teus balcóns,
a flor primeira vina nun teu xardín,
pois sabiamente me ensinaches
    entre os teus brazos de nai de pedra.

Coa alma venerei a dourada luz
que baixa desde o ceo do teu abril
e a néboa ou cinza voadora
    que por decembro che envolve os ríos.

E cantas veces áxil e xogoral
corrín nas túas alturas de inxel verdor
e desde a cima dunha lomba
    me descolguei como folla ao vento!

Quedaban os carballos detrás de min,
as xestas espreitaban o meu pasar,
e o Loña de íntimas orelas
    beixos me daba cos seus amieiros.

Ás veces, sobre a hora crepuscular,
á Ponte Vella ía pra desde alí
fixar a fronte no occidente
    en que o teu Miño se esvaecía,

pois, canso eu do hábito circular
do teu recinto inmóbil e montañés,
coas palmas xuntas ás meixelas
    un oceano soñaba infindo.

Oh nai, e tanto que mo insinuabas ti
alén do teu purpúreo e azul confín,
rizado soño do meu peito
    que imaxinaba gaivotas gaias!

 

Millán Picouto.

O    
 
 
 
     
 
6